Ana María Gayol González
Investigadora no grupo ChETE da UVigo
Info
Titulación Universitaria: Doutora en Enxeñería Química e Ambiental. Doutora en Física Aplicada
Entidade: Universidade de Vigo
Posto: Investigadora no Grupo ChETE
Sector: Educación
Actividade: Docencia e Investigación
Ámbito Xeográfico: España
Ana María Gayol traballou en empresa (DECUNA), posteriormente desenvolveu e puxo en marcha o plan de sustentabilidade ambiental de Vigo.
Traballou en diferentes academias, realizando simultaneamente traballou de Profesora Universitaria a tempo parcial con academia.
Cando empezou a traballar para a Xunta de Galicia, deixou a academia e ten unha compatibilidade para poder desenvolver os tres empregos simultaneamente.
Colabora coa Universidade de Vigo dirixindo unha tese doutoral e tamén fai colaboracións coa Universidade de Burgos, para presentar traballos conxuntos en congresos.
Actualmente traballa como Investigador na Universidade de Vigo, no grupo ChETE https://webchete.webs.uvigo.es/, grupo de Enxeñería Química, Térmica e Ambiental que é un grupo interdisciplinar onde se desenvolven áreas de coñecemento de Enxeñería Química e Máquinas e Motores Térmicos, na Escola de Enxeñeiros Industriais.
É revisora, organizadora e coordinadora nalgúns congresos. Colabora coa RSEF e RSEQ (participando como membro da directiva do grupo GECAT), Colquiga onde está no equipo directivo, entre outros.
Buscar referentes
Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!
Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña
