Ana María Castro Antonio

International Project Manager

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Psicoloxía
Empresa: Femxa / Profesional liberal
Posto: Project Manager
Sector: Educación, igualdade e inclusión
Actividade: Proxectos innovadores
Ámbito Xeográfico: Internacional

Contacto

20 anos de experiencia na xestión de proxectos de innovación educativa e transformación dixital. Labor que compaxinou coa de investigación en materia de igualdade. Foi directora da revista “Pioneras”, promotora da primeira escola de empoderamento de Vigo e especialista en linguaxe inclusiva.

Promove proxectos tecno pedagóxicos para universidades españolas e latinoamericanas. Deseñou un instrumento de diagnóstico do nivel de uso e apropiación das TIC nos centros educativos.

No ámbito empresarial desenvolve proxectos sobre a xestión do talento, mellora de competencias e diversidade. Un dos que máis a enorgullece é “Divercity”, microgame creado para Walmart cuxo obxectivo era sensibilizar sobre a inclusión da diversidade como un valor.

Conferenciante habitual, é especialista en storytelling, metodoloxías innovadoras, estratexias de compromiso, mlearning, gamificación, mindset dixital, liderado e igualdade en contornas VUCA, design thinking, soft skills

Nos últimos anos comprometeuse coa inclusión, deseñando o Programa de Educación Emocional e Practicum de Competencias Sociais (PEPCOS) baseado no decálogo de Mary Poppins.

Capitaneou programas de gran calado como:

  • O Plan de formación dixital sobre procesos electorais do Goberno do Perú (Premio nacional á calidade 2014).
  • Transformación dixital do MBA e do Máster de Innovación Socioeducativa da Universidade de La Salle que obtivo o recoñecemento oficial da validez de estudos.
  • Asesoramento na dixitalización de estudos de posgrao da Universidade UPC.
  • Directora do programa I+I+D dirixido a mozos.
  • Co-autora do primeiro proxecto educativo transmedia de Galicia: ” Uxia coñece a sua tía”

Autora de 18 libros. Mención como autoridade virtual internacional polo VIAF.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña