
Ana Fuentes Crego
Subdirectora de Atlántico Diario
Info
Titulación Universitaria: Licenciada en Ciencias da Información, Xornalismo
Empresa: Atlántico Diario
Posto: Subdirectora
Sector: Información e comunicacións
Actividade: Medio de comunicación
Ámbito Xeográfico: España
Subdirectora de Atlántico Diario, Grupo La Región. Boa parte da súa vida profesional desenvolveuna neste medio de comunicación, onde chegou en 1992. En 2002 foi nomeada coordinadora de área, en 2004 pasa a ser xefa da sección de economía e mar e de 2009 a 2020 foi redactora xefa.
Durante tres anos deu o salto á comunicación corporativa, como Directora de Comunicación do Consorcio da Zona Franca de Vigo.
En 2023 reintegrouse ao seu posto de redactora xefa en Atlántico. Tamén coordinou o suplemento Universitas e dirixido o suplemento económico Euro para Atlántico Diario e La Región. Iniciou a súa carreira en Faro de Vigo e Xornal Diario.
É colaboradora do Foro Económico de Galicia e recibiu o Premio Cegasal á mellor información de economía social de Galicia. Foi finalista do Premio de xornalismo sobre o sector naval do Colexio de enxeñeiros Navais de Galicia e Premio Cepesca á sección de Mar de Atlántico Diario.
Fundadora do Grupo Sumamos Rede de Mulleres Profesionais, da Asociación de Xornalistas de Vigo e do Colexio de Xornalistas de Galicia. Membro da Asociación da Prensa de Vigo.
Buscar referentes
Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Hotel Oca Puerta del Camino
C/ Miguel Ferro Caaveiro, 3
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña