Ana Belén Traseira Pena
Directora de UNED Lugo
Info
Titulación Universitaria: Enxeñeira Química e Enxeñeira Técnica Industrial
Entidade: UNED Lugo
Posto: Directora
Sectores: Educación
Actividade: Universidade a distancia
Ámbito Xeográfico: Lugo
É titora no Centro Asociado á UNED en Lugo desde o curso 2009-2010 en materias dos Graos en Enxeñería Industrial e Ciencias Ambientais.
Foi Secretaria do Centro Asociado á UNED en Lugo desde decembro de 2008 ata o 2018 e coordinadora Académica do Campus Noroeste desde o curso 11-12 até o curso 16-17 (6 cursos).
Actualmente é directora do Centro Asociado á UNED en Lugo (desde febreiro 2018).
Dende que dirixe o Centro puxo en marcha o proxecto #LugoNaturalMente, que se basea no traballo en tres eixos fundamentais para o desenvolvemento territorial da provincia de Lugo, a posta en valor do patrimonio ambiental da nosa contorna, a loita contra o cambio climático e a mitigación dos seus efectos e o aliñamento coa Axenda 2030 e a súa divulgación a todo o conxunto da sociedade lucense.
Neste proxecto traballa cóbado con cóbado, con Carlos García Rodríguez, xestor de administración da UNED de Lugo, a quen nomeou codirector do proxecto.
Vinculados a este proxecto, o Centro da UNED de Lugo que dirixe obtivo 6 premios a nivel nacional: durante tres anos consecutivos o premio nacional do Consello Social ás boas prácticas desenvolvidas polos Centros Asociados e dous galardóns “ODS na Universidade” outorgados polo Observatorio ODS da UNED.
No curso 22-23, puxo en marcha #UNEDLife, que nace ao abeiro da celebración do quincuaxésimo aniversario da UNED e dentro do exitoso proxecto #LugoNaturalMente, para traballar a prol do ODS 3, saúde e benestar, que ten coma fin garantir unha vida sa e promover o benestar para a cidadanía.
É Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais (especialidades: Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía) e ten Estudos de Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Química na Facultade de Ciencias da UNED e Mestrado de Calidade na xestión dos Centros Universitarios pola UNED.
Auditora Líder pola Cátedra de Calidade de Tudela e Avaliadora Acreditada EFQM.
Recibiu o premio Milagrosista do Ano 2023 e premio Lucense do Ano 2024.
Buscar referentes
Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!
Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Hotel Oca Puerta del Camino
C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña
