Amparo Alonso Betanzos
Catedrática de Computación e Intelixencia Artificial
Info
Titulación Universitaria: Licenciada en Química. Doutora en Física
Entidade: Universidade da Coruña
Posto: Catedrática de Computación e Intelixencia Artificial
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Intelixencia Artificial
Ámbito Xeográfico: Galicia
É Catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, onde coordina o grupo LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial). Foi Postdoutoral Fellow no Medical College de Xeorxia, EEUU onde traballou tres anos.
A súa área de investigación é o desenvolvemento e a aplicación de técnicas de Intelixencia Artificial en diversas áreas, así como a Aprendizaxe Computacional e as técnicas de Ciencia de Datos (Big Data), colaborando con outros grupos de investigacións nacionais e estranxeiros. É autora de varios artigos científicos no tema, así de como libros.
Membro do grupo de expertos que colaborou na elaboración do informe HispanIA 2040, presentado en xaneiro de 2025 polo Presidente do Goberno de España.
Académica correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España, desde o 26 de outubro de 2023.
Membro do Comité Asesor da Cátedra de IA e Democracia.
Membro do Comité español para a Ética, a Ciencia e a Innovación, desde maio de 2023. Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Goberno de España.
Recibiu en 1998 o Premio LÓreal-UNESCO a Women in Science en España. É Senior Member de asociacións profesionais de nivel internacional, como IEEE e ACM.
Do 2012 ao 2021 foi Presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial.
Buscar referentes
Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!
Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña
