Alexandra Touza David

Xerente de Ponle Cara al Turismo

Info

Titulación Universitaria: Diplomada en Turismo
Empresa: Ponlle Cara ao Turismo / Imalocal.es
Posto: Xerente
Sector: Outros servizos
Actividade: Turismo, Investigación Turística, Formación e Consultoría
Ámbito Xeográfico: España

Contacto

Holandesa de raíces, Alexandra é Diplomada en Turismo, Especialista en Turismo Responsable, Desenvolvemento e Cooperación. Coaching Social para a Motivación e os Procesos de Cambio. Docente formación profesional para o emprego, docente homologado pola EOI, e Avaliadora do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos da Secretaría de Estado de Turismo.

Autora de Contos con VALORES na aula: Xela, a Redeira, MariCarmen, muller atlántica, Mariña, La Pescadera, As mulleres ruráis para colorear, Aurora, Muller Labrega, As mulleres do Mar, Os Barcos de Vigo, La Economía Azul para colorear, e As irmás Touza: As Schindler Galegas.

Imparte formación técnica e capacitacións a través de plataformas e-learning como Moodle e Microsoft. Técnico en emprendemento e axente de cambio.

Xerente de Ponle Cara al Turismo; consultoría, formación en Turismo Creativo, mariñeiro, e Industrial. Desenvolvemento da actividade turística sostible no territorio. Creación de produtos turísticos. Planificación, dinamización territorial, e xestión de destinos.

Guia Oficial de Turismo pola Xunta de Galicia en Español e Holandés.

CEO da plataforma imalocal.es, primeiro market place de turismo industrial, que pon en contacto a empresas, industrias e pequenos produtores con viaxeiros de todo o mundo.

A experiencia vinculada ao emprendemento e a mellora empresarial, xunto co coñecemento de máis de 25 anos no sector turístico, permitiulle desenvolver proxectos desde unha perspectiva integral. O resultado do traballo materialízase na xestión e coordinación de proxectos de turismo industrial como o Roteiro conserveiro , o Roteiro Alimentario de Santa Comba, e recentemente, unha dos roteiros máis importantes en Vigo destinada a promover a pesca extractiva para Fundamar e a cooperativa de armadores: Vigo Pesqueiro.

Axente de Desenvolvemento Sostible e Dinamizador do Medio Rural, membro operador de CREATIVE TOURISM NETWORK en Galicia, e membro da Asociación de Operadores de Turismo Industrial.

Impartiu formación como Docente para Escolas de Turismo, Universidade Rey Juan Carlos, Universidade da Coruña, Uned de Ourense, Uned de Vigo, IEBS Business school, Asociacións de Empresarios, Cooperativa de armadores, confrarías, Concellos, así como, para administracións públicas en Galicia, Cantabria, Lanzarote, Gran Canaria, Portugal e Cataluña.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.