Alejandra Díaz Pérez

Investigadora e Catedrática no Conservatorio Superior da Coruña

Info

Titulación Universitaria: Guildhall Artist Master of Performing Arts
Empresa: Conservatorio Superior de Música da Coruña
Posto: Investigadora e Catedrática de Violoncello
Sectores: Educación
Actividade: Docencia
Ámbito Xeográfico: A Coruña

Contacto

Alejandra Díaz nace en Lugo o 30 de setembro de 1987.

Desempeña o seu labor docente como Catedrática de violoncelo no Conservatorio Superior de Música da Coruña, labor profesional que compaxina coa investigación predoctoral na Universidade de Santiago de Compostela, así como a interpretación.

En 2023 publica o seu primeiro proxecto discográfico “BERCE” co selo RDC. Un álbum que mira ás súas raíces, do que é produtora artística e no cal colaboran referentes de diversos sectores galegos.
Foi entrevistada en diversos medios de comunicación como a Radio Galega ou o Zigzag Diario. O álbum tamén recibiu excelentes críticas en revistas especializadas como RITMO ou Melómano Dixital.

En 2022 obtivo o posto de violoncello principal asociada da Israeli Opera. Tras ser seleccionada no “LSO Scheme”, converteuse ademais na primeira violonchelista española en tocar xunto á London Symphony Orchestra.

Completou o Guildhall Artist Master of Performance e o Bachelor Honours Degree pola City University of London e a Guildhall School of Music & Drama.

Entre os seus logros máis destacados cabe citar o “Carnegie Palmer Award”, premio que recibiu da Worshipful Company of Musicians e foi finalista do prestixioso Galardón Internacional Pablo Casals.

Foi dirixida por aclamados directores de orquestra, actuou en importantes salas de concertos de España, Portugal, Italia, Inglaterra, Emiratos Árabes Unidos e Israel e participou en diversos festivais internacionais.
A súa traxectoria artística foi avalada por importantes fundacións como a Carne Trust, Guildhall Trust ou a Worshipful Company of Musicians.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n

15707 | Santiago de Compostela | A Coruña 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.