Ainhoa Mallo Martínez
Xerente do IGAPE
Info
Titulación Universitaria: Licenciada en Ciencias Económicas
Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica
Posto: Xerente
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Transformación corporativa, internacionalización e xestión de equipos
Ámbito Xeográfico: España
Máis de 30 anos de experiencia profesional como experta en Comercio Exterior, Liderazgo e Xestión de equipos multiculturais, desenvolvendo distintas funcións directivas e en ámbitos tan variados como a Administración Pública, as Asociacións Empresariais, organismos de cooperación e promoción internacional, empresas privadas ou escolas de negocio. Isto permitiulle achegarse ao mundo das organizacións desde moi distintos ámbitos e fundamentalmente: COÑECER ás PERSOAS e os seus talentos, por unha banda, e os PROXECTOS e as súas adecuadas estratexias, por outro.
Muller de retos como é, tras preto de tres anos á fronte da Dirección de Nordés Club Empresarial e 1,5 anos en Demadi, retoma o seu camiño como freelance e interim manager para enfocarse na transformación de organizacións e persoas a través dos seus propios proxectos profesionais: Co:walking® DakotaCoach®, Murmuration®
Mentoriza talento emprendedor. Acompaña a persoas e organizacións a conectar coas súas vocacións, traballar en equipo desde a harmonía e eficacia, planificar estratexicamente, espertar o talento, poñelo en valor e crear espazos de boa gobernanza.
Buscar referentes
Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!
Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña
