África González Fernández

Catedrática de Inmunoloxía. Universidade de Vigo

Info

Titulación Universitaria: Doutora en Medicina e Cirurxía. Médico Especialista en Inmunoloxía. 
Empresa: NANOIMMUNOTECH, spin off das Universidades de Vigo e de Zaragoza
Posto: Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. Ex Presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía (2016-2020). Directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) (2009-2019). Académica numeraria da RAFG.
Sector: Saúde / Universidade
Actividade: Inmunoloxía, Cáncer, Nanotecnoloxía.
Ámbito Xeográfico: Galicia

Contacto

Realizou a especialidade de Inmunoloxía na Clínica Puerta del Hierro de Madrid e posteriormente unha estancia postdoutoral co Dr. César Milstein (premio Nobel pola técnica de obtención dos anticorpos monoclonales) no MRC de Cambridge.

Incorpórase á Universidade de Vigo en 1996 para iniciar unha área nova en Inmunoloxía, única en Galicia.

É Catedrática de Inmunoloxía e lidera un grupo de investigación de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia) que investiga en Inmunoloxía básica e aplicada con centos de artigos publicados.

É Académica da RAFG desde 2019. Directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) “Centro de excelencia de investigación de Galicia” da Universidade de Vigo (2009-2019), Presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía (2016-2020) e co-promotora da empresa NanoImmunoTech.

Divulgadora en medios de comunicación e autora de libros divulgativos, como “Inmuno Power: coñece e fortalece as túas defensas” e “Sistema inmunitario e vacinas”

Foi nomeada aos premios Women Innovator pola Comisión Europea (2017) e galardoada con diversos premios: Muller científica (2018), Mellor traxectoria profesional (Empresarias de Galicia, 2019), Executivas de Galicia (2020), Women CEO (Ciencia e muller, 2020), Ernestina Otero (Igualdade-Concello de Vigo, 2022), Viguesa distinguida (Concello de Vigo, 2023) e Alumni-honorífica (Universidade de Vigo, 2023).

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

¡Contáctanos!

¿Quieres ser nuestro partner? ¿Quieres proponernos una candidata a formar parte de Referentes Galegas? ¿Quieres unirte a nuestra asociación? ¿Tienes alguna duda? ¡Contacta con nosotras!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Dirección

Hotel Oca Puerta del Camino
C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n 
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.