Accessibility Tools

O próximo mes de febreiro Executivas de Galicia retoma os encontros networking.

O primeiro do 2026 terá lugar o mércores 4 de febreiro en Santiago de Compostela, en formato visita e almorzo.

Ás 09:30 horas visitaremos o Centro de Negocios Stella Hub, un espacio coworking de 1.800 m2. Trala visita terá lugar un almorzo networking.

Contará con aforo limitado, e para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 2 de febreiro.

Aquí podedes consultar as próximas dats:

    • 6 de febreiro, almorzo en Vigo
    • 11 de febreiro, almorzo en Ourense
    • 13 de febreiro, almorzo en A Coruña
    • 27 de febreiro, almorzo en Lugo

Como é habitual, nos enuentros falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.