Accessibility Tools

Pazo de Vilane, empresa pioneira na produción de ovo campero, informa que con motivo do Día Internacional da Muller Emprendedora (19 de novembro), lanzou hoxe unha iniciativa de Responsabilidade Social Empresarial ( RSE) coa que quere premiar o emprendemento feminino, así como recoñecer aquelas iniciativas emprendedoras que estean lideradas por mulleres.

Esta información pódeche interesar porque:

Ata o 29 de novembro, aquelas mulleres que estean a desenvolver ou teñan intención de desenvolver un proxecto de emprendemento poderán presentar os seus proxectos a Pazo de Vilane.
As tres emprendedoras seleccionadas por Pazo de Vilane recibirán un programa de mentoring de seis meses de duración e ademais viaxarán a Pazo de Vilane na provincia de Lugo, con todos os gastos pagos para aprender da experiencia empresarial de Nuria e Piedade Varela-Portas, emprendedoras xa consolidadas e fundadoras de Pazo de Vilane.

A iniciativa desenvólvese a través da plataforma Easypromos onde as participantes deberán encher un formulario cos seus datos persoais e o máis relevante do seu proxecto. Pódense consultar así mesmo as bases legais da iniciativa, así como máis información na seguinte ligazón: https://a. cstmapp. com/ p/881123

De entre todas as candidaturas, Pazo de Vilane seleccionará tres gañadoras.