Accessibility Tools

A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar Tesouro, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, inauguraron

o acto de presentación do programa Referentes Galegas en Ourense.

A Presidenta de Executivas indicou que “estamos moi orgullosas de presentar este directorio xa que é a nosa achega para crear un auténtico inventario do talento feminino galego que seguiremos creando día a día”.

O acto que estivo presentado por Diana Nogueira, contou coa participación de Mónica Peláez e Lida Enrich, membros da Xunta Directiva de Executivas e coordinadoras do proxecto, que presentaron a ferramenta web e o funcionamento do directorio para todas aquelas persoas que queiran propoñer a novas referentes.

Unha vez presentado o directorio, deuse paso a unha mesa de debate composta por Referentes Galegas de Ourense, como son Doura Casal Domínguez, directora adxunta de Roberto Verino, Inés Rodríguez Rodríguez, deseñadora

artesá téxtil e directora de Inés RiR & co, Lucía López Pérez, directora de persoas en Forgal Talent, e Elena Paz Álvarez, presidenta da Asociación de Viúvas de Ourense, na que se debateron diferentes temas relacionados co programa e o futuro da muller no ámbito profesional.

No acto, celebrado no auditorio do Centro Cultural Lanuxe Cárcere, estiveron acompañadas por medio centenar de persoas, maioritariamente mulleres, referentes en diversos sectores profesionais.

Referentes Galegas é o primeiro directorio que se crea co obxectivo de reunir polo menos a 500 mulleres profesionais destacadas e líderes en todos os ámbitos da sociedade galega. Trátase dunha ferramenta útil para que os medios de comunicación, as entidades de calquera índole ou os organizadores de foros e encontros poidan ter un espazo no que atopar a mulleres destacadas en todos os ámbitos profesionais e que poden achegar unha

valoración experta.

Outro dos obxectivos do programa Referentes Galegas é dar visibilidade a todas as profesionais e que sirvan como unha referencia ou un modelo para seguir para as mozas galegas. “Desde Executivas identificamos a fal

ta de visibilidade e a ausencia de modelos a seguir por parte das nosas nenas e mozas á hora de elixir a súa carreira profesional, sendo unha das barreiras máis importantes para conseguir a igualdade real” segundo explicou Carla Reyes.

CONVENIO CON UNIVERSIDADES

O programa conta co apoio das tres universidades de Galicia, no que mediante un convenio de colaboración asinado polos reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa Roger, que se comprometeron a difundir o proxecto Referentes Galegas entre o alumnado e profesorado de cada un dos campus, ademais de colaborar na achega de nomes de mulleres destacadas no seu ámbito e vinculas á universidade.

Referentes Galegas é o primeiro directorio que se crea co obxectivo de reunir polo menos a 500 mulleres profesionais destacadas e líderes en todos os ámbitos da sociedade galega.