Accessibility Tools

Executivas de Galicia organiza un almorzo de traballo co Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, o vindeiro mércores 20 de febreiro en Ourense, no que se tratarán diferentes temas de actualidade relacionados co papel das profesionais no mundo laboral.

O encontro terá lugar na Molinera, Rúa do Abrevadeiro, 2 Ourense, ás 09.15 horas e para poder asistir rógase confirmación no correo presidencia@dev.executivasdegalicia.org .