Accessibility Tools

A Agrupación industrial de Comuncación de Galicia organiza por cuarto ano consecutivo os Premios da Comunicación e Marketing de Galicia, Premios Paraugas, destinados a poñer en valor a calidade e o traballo co obxectivo de enxalzar a función de creatividade, o deseño, a edición, a impresión, o márketing e a comunicación nas empresas e institucións galegas.

Se pertences ao sector aínda podes presentar a túa candidatura a través da páxina http://premios.clustercomunicacion.gal/# inscripcion ata o vindeiro mércores 6 de novembro.

As bases desta cuarta edición podes consultalas aquí.