Accessibility Tools

O vindeiro martes 26 de marzo, o programa Referentes Galegas, preséntase de forma oficial en Ourense. O acto, que dará inicio ás 18.30 horas contará coa presenza de representantes da Secretaría Xeral de Igualdade, das administracións locais, ademais de destacadas mulleres de diferentes sectores profesionais.
Ademais de presentar este interesante proxecto, celebrarase unha mesa de debate composta por mulleres referentes que compartirán as súas experiencias con todas as asistentes.

O evento terá lugar ás 18.30 horas no Centro Cultural Marcos Valcarcel, situado en Rúa do Progreso de Ourense.

As persoas que queiran asistir deberán enviar un mail a referentesgalegas@dev.executivasdegalicia.org .