Executivas de Galicia, organiza unha edición especial dos Meet Up Referentes Galegas, e no que baixo o título Meet Up non Camiño, reuniu o 26 de agosto a preto de corenta socias e referentes que realizaron o último tramo do Camiño de Santiago. Con esta actividade que se celebra cada mes e na que colabora o Parlamento de Galicia, Executivas busca crear un espazo aberto de conversación, intercambio de ideas, e espazo de reflexión, nos que as Referentes son o fío condutor e no que se desenvolvan temas de actualidade.
O obxectivo desta actividade presencial, ademais de facer networking e crear lazos de colaboración, tamén é visibilizar ás mulleres referentes aproveitando que moitas delas volven nestas datas a Galicia de vacacións e promocionar o Camiño de Santiago.
Unha vez finalizado o tramo do camiño, na praza do Obradoiro, foron recibidas no concello de Santiago polo alcalde, José Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Vivenda, Ciudad Histórica, Acción Cultural e Igualdade, Mercedes Rosón. A xornada finalizou cunha comida networking no Hotel Quinta da Auga de Santiago, e coa vista posta nas próximas actividades que organiza a entidade.