O vindeiro 8 de xullo Executivas de Galicia organiza para as socias un novo afterwork en Santiago, no Pazo de Adrán, (Lugar De Adrán, 4 – Teo) de 19:00 a 21:00 horas.

Debido ás restriccións sanitarias contará con aforo limitado.

Nesta ocasión trátase dun evento de networking despois do traballo con música en directo con Rodrigo Almeida.

As socias e invitadas poderán disfrutar dun evento de encontro na zona de piscina onde estreitar lazos de forma dinámica e ao finalizar haberá unha actuación musical con Jorge Almeida.

Como é habitual:

  • cada socia pode levar unha invitada
  • as socias e invitadas realizarán unha breve presentación da súa empresa/proxecto para identificar rápidamente ás participantes coas que posteriormente poder charlar.
  • recoméndase levar tarxetas de visita para repartir entre as asistentes e facilitar así un contacto posterior

Para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 5 de xullo.

Executivas de Galicia aspira a convertirse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquedanzas, ideas e propostas.