Despois do éxito do programa piloto posto en marcha por Executivas e a Consellería de Educación, amplíase a 20 centros de toda Galicia e realizaranse mentorias.

Cada centro contará coa presenza de dous Referentes que realizarán diferentes actividades co obxectivo de achegar os seus mundos profesionais aos adolescentes.

Executivas de Galicia en colaboración coa Conselleria de Cultura, Educación e Universidade, poñen en marcha a partir deste luns 14 de febreiro o primeiro programa EduReferentes, que se impartirá en 20 centros repartidos por toda Galicia. Como novidade, esta edición conta con mentorías nas que as referentes galegas acompañarán durante cinco sesións a cinco alumnos e alumnas de cada centro co fin de establecer unha relación de apoio e coñecementos.

EduReferentes, ten como obxectivo achegar ás aulas a mulleres referentes galegas en diferentes sectores profesionais, para que os alumnas e alumnos teñan exemplos aos que seguir e descubran novos ámbitos profesionais e de éxito.

Trátase dunha actividade transversal na que os participantes, ademais de ter novos referentes, poidan traballar diferentes habilidades sociais e de comunicación co fin de achegar unha experiencia educativa e formadora. A proposta xurdiu #ante a necesidade cubrir a falta de referentes femininos nas xeracións máis novas.

A primeira das xornadas, no IES do Barral en Ponteareas, ten lugar o vindeiro luns 14 de febreiro e contará coa presenza das referentes galegas, Carme Penim, cantante e compositora musical, e Ana Alonso Alonso, vicedirectora xeral en Citic Hic Gandara Censa.

As actividades propostas están deseñadas de forma innovadora pois buscan crear accións experienciales, xerar curiosidade e coñecementos de diferentes sectores e coñecer a referentes de diferentes sectores. Os centros que se visitarán neste programa son: IES do Barral en Ponteareas, IES Valadares e IES Castelao de Vigo, IES Félix Muriel de Rianxo, IES de Vilamarín en Ourense, IES Fernando Esquío de Neda, IES Canido e IES Saturnino Montojo de Ferrol, CPI Arquitecto Palacios de Nigrán, IES A Pontepedriña de Santiago, IES Monterroso, CPI Plurilingüe Tino Grandío de Guntín, IES 12 de Outubro de Ourense, IES de Brión, IES Mendiño de Redondela, IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas de Oleiros, CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto, IES Cabo Ortegal de Cariño, CPI Plurilingüe Alfonso VII de Caldas de Reis, e IES Loureiro Olmo do Barco de Valdeorras.

Este programa piloto é unha parte do proxecto Referentes Galegas, a través do cal se propón realizar encontros de mulleres Referentes Galegas con estudantes de ESO, FP e 1º Bacharelato de entre 15 e 18 anos de todas as provincias de Galicia.