No marco do convenio asinado con European Business Factory, as socias de Executivas de Galicia poderán beneficiarse dun 25% de desconto nos seguintes Masters:

    • MBA Executive & Posgrao
    • Máster en RR. HH.
    • Máster en Dirección Comercial e Marketing
    • Máster en Dixital e Multimedia
    • Máster de Moda
    • Programa Superior Xestión de Proxectos

Ademais desta bonificación contémplase un extra de Axudas Empregabilidade para as socias que se atopen en situación de desemprego.

As bonificacións serán para a Convocatoria de Abril 2022. E o 25% de desconto é sobre os masters mencionados e sobre calquera formación a medida que poidan deseñar para as socias, ademais de descontos exclusivos en Programas Agile e Lego ®.