Networking

Os nosos eventos de networking, ademais de produtivos, desenvólvense nun ambiente moi agradable…

O Networking que organizamos axuda a crear, xestionar e manter unha rede de contactos profesionais como fonte de colaboracións baseadas na confianza.

Esta é quizá a actividade preferida polas nosas socias.

Buscamos:

  • Compartir experiencias laborais, coñecementos e inquietudes entre mulleres especialistas en moitos terreos profesionais;
  • Promover iniciativas culturais, educativas e de lecer que permitan mellorar os nosos coñecementos, contactos e relacións persoais e profesionais nun contexto máis informal;
  • E crear sinerxias con asociacións afíns, organismos e institucións acordes cos nosos obxectivos.

Actualmente coordínanse accións de Networking na Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense.

Almorzo networking en A Coruña o 24 de novembro

Executivas de Galicia organiza un almorzo networking na Gastroteca do Hotel Hesperia A Coruña Centro o 24 de novembro.

Almorzo Networking en Vigo – 22 de novembro 2023

Executivas de Galicia organiza un almorzo networking no Work Cafe Santander de Vigo o día 22 de novembro, no que participará como convidada especial Virginia Pozo Castro, CEO e directora creativa en Coosy Shop e cofundadora de The IQ Collection.

Presentación de Referentes Galegas en Madrid

A presentación do proxecto Referentes Galegas na Casa de Galicia en Madrid reuniu a máis de 100 asistentes.

Actividade para socias

O grupo de Networking o coordinan Eva González (provincia de Pontevedra), Úrsula Rabade (provincia de A Coruña), Concepción Vilaboa (provincia de Pontevedra) e Carmen Sampayo (provincia de Ourense).

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata para formar parte de Referentes Galegas? Queres unirche á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña