Accessibility Tools

A profesora e investigadora da Universidade de Vigo e socia de Executivas Elena Rivo lidera o proxecto Mujeres emprendedoras en acción.

Esta iniciativa, enmarcada dentro de Erasmus+ ten como obxectivo impulsar o emprendemento feminino desde unha perspectiva didáctica.
O programa está dirixido a mulleres que teñen unha idea para crear o seu propio negocio ou o puxeron en marcha nos últimos 3 anos.

Desde xullo de 2019 forman parte del catro países e en España a Universidade de Vigo é a responsable da investigación e desenvolvemento, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense; simultaneamente tamén leva a cabo en Francia, Bélxica e Alemaña.

Mujeres emprendedoras en acción divídese en cinco actuacións diferenciadas, que inclúen desde un taller de creación de empresa para axudar á transformación da idea inicial en negocio, ata unha tutorización e seguimento baseado no codesarrollo e o mentoring para axudar ás participantes mediante o intercambio de prácticas e problemas concretos no seu emprendemento para alcanzar solucións.

Para visualizar esta iniciativa creouse un cómic que funciona a modo de guía para o emprendemento que conta a historia de catro mulleres con distintos perfís que se coñecen na Ribeira Sacra ourensá e a partir de aí enfócanse nas súas ideas de negocio en distintas actividades. A historia das protagonistas vaise mesturando coas instrucións e pasos necesarios que cada unha debe dar na súa aventura de emprender, con explicacións sinxelas e prácticas desde o plan de negocio ata nocións financeiras.

Executivas de Galicia mostra o seu apoio a esta iniciativa poñendo ao dispor de quen queira este cómic, nesta páxina poderá consultalo ou descargalo.