Executivas de Galicia, en colaboración con Xunta de Galicia, organizan unha nova xornada do programa 12 Razóns polo emprego en igualdade, será o vindeiro mércores 29 de maio na asociación de empresarios do Polígono do Salnés, en Cambados.

Nesta ocasión, será unha mesa redonda que se iniciará ás 19 horas e que versará sobre “O Rexistro da Xornada Laboral: Características e Obrigacións”. Nela reuniranse diferentes expertos que achegarán unha visión completa sobre un tema tan de actualidade como o novo rexistro de horario.

Para asistir é necesaria a inscrición previa a través do correo inscricionxornadaspontevedra@dev.executivasdegalicia.org.