No principio do ano Executivas de Galicia puxo en marcha o programa Meet up Referentes Galegas, unha iniciativa que consiste na realización de encontros dixitais con mulleres referentes nos que cada mes tratamos temas de interese e actualidade.

Como complemento a estes encontros dixitais, queremos aproveitar que é Ano Santo para levar a cabo unha actividade presencial en Santiago de Compostela a través da cal reunir a socias de Executivas de Galicia e mulleres do directorio “Referentes Galegas”, coa intención de estreitar lazos e crear sinerxias. Crear un punto de encontro entre mulleres profesionais que acheguen visibilidade ao talento e liderado feminino.

A actividade levará a cabo o día 26 de agosto e consistirá en percorrer a pé o último tramo do Camiño de Santiago (desde o Monte do Gozo á Praza do Obradoiro) e posteriormente celebrar unha comida networking no Hotel A Quinta Dá Auga Relais & Châteaux.

A hora e punto de saída será ás 10:00 horas do Hotel A Quinta Dá Auga Relais & Châteaux, desde onde sairá un autobús ao Monte do Gozo. Posteriormente, sobre as 13:00 horas ese mesmo autobús sairá desde o centro de Santiago ao Hotel A Quinta Dá Auga Relais & Châteaux, onde terá lugar a comida networking.

Por razóns de aforo e organización será necesario facer a inscrición previamente no formulario que aparece máis abaixo antes do 19/08/2021.

As persoas que queiran participar poden elixir inscribirse na camiñada e comida conxuntamente, ou ben unicamente na camiñada ou comida networking.

Pódese atopar máis información no programa e inscrición que aparece máis abaixo.