O próximo 25 de abril, Executivas de Galicia organiza o V Face to Face: Estratexias para innovar e liderar en contornos industriais desafiantes.
O evento contará coa participación de Ana Alonso Alonso, vicedirectora xeral en Citic Hic Gándara Censa, quen compartirá a súa experiencia e coñecemento sobre a xestión innovadora dunha organización con instalacións industriais e equipos humanos nun contorno, mercado e industria competitivo.
A sesión celebrarase no Club Empresarial Nordés, en A Coruña, de 12:00 a 13:00 horas, coa posibilidade de participar posteriormente nun espazo de networking na cafetería do propio centro.
Dado que o aforo é limitado, é obligatorio inscribirse antes do 23/04/2025 ás 15:00, a través do formulario dispoñible máis abaixo.
Os encontros Face to Face forman parte da iniciativa do grupo de Innovación e Desenvolvemento Sostible de Executivas de Galicia e caracterízanse polo seu formato reducido e informal. O seu obxectivo é fomentar o debate e a reflexión sobre a innovación, a transformación dixital e o desenvolvemento sostible desde diversas perspectivas.
Non cho podes perder!