Accessibility Tools

Executivas de Galicia organiza o vindeiro mércores 16 de setembro unha nova xornada de encontro e intercambio de experiencias na provincia de Ourense, en colaboración co Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde).

O obxectivo principal deste encontro é coñecer de primeira man iniciativas pioneiras que están a dinamizar o tecido socioeconómico rural a través do impulso a modelos sostibles, a economía circular e o aproveitamento de recursos locais.

A xornada comezará ao 10.30 h coa visita ao Centro Colaborativo de Cantoña, situado en Paderne de Allariz. Da man da directora do Inorde, Emma González, as asistentes poderán coñecer o funcionamento desta infraestrutura concibida para impulsar a pequenas explotacións e producións sostibles de alto valor engadido, así como as estratexias postas en marcha para a recuperación de terras.

A continuación, a expedición trasladarase ao municipio de Arnoia para desfrutar dunha experiencia de turismo sostible a bordo dun ecobarco 100% eléctrico. Esta travesía fluvial silenciosa polo río de Arnoia, enmarcada no Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal, permitirá poñer en valor a riqueza paisaxística e a oferta termal da zona desde unha perspectiva de impacto cero.

O encontro concluirá no Balneario de Arnoia, onde as socias compartirán un espazo de degustación de produtos locais e networking, orientado a reforzar os lazos entre as integrantes da rede, compartir sinerxías e debater sobre oportunidades de desenvolvemento no medio rural.

Información práctica e inscricións

  • Data: Mércores, 16 de setembro.
  • Punto de saída: Intercambiador da Alameda (Ourense) ao 10.00 h.
  • Inscrición: A actividade é gratuíta pero conta con prazas limitadas, polo que se require reserva previa a través do formulario que aparece máis abaixo
  • Prazo límite de rexistro: Martes, 15 de setembro ao 15.00 h.

Con esta acción, Executivas de Galicia reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible, a innovación técnica e a visibilización do talento e a colaboración na nosa comunidade.

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.