O empoderamento da muller como motor de futuro

Espazo colectivo de crecemento en feminino

¿Quen son Executivas de Galicia?

Somos unha asociación aberta de mulleres independentes que exercemos en diferentes ámbitos executivos e directivos, tanto públicos como privados.

Unímonos para colaborar e crear unha rede de apoio que visualice e impulse ao empoderamento feminino como motor de futuro e axente crave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Promovemos o liderado da muller en todas as súas áreas. Unímonos coa intención de amplificar nosa voz alí onde aínda non se oe coa intensidade necesaria e para crear un espazo colectivo onde compartir experiencias, emprender accións e tecer alianzas que axuden ao crecemento persoal e profesional das mulleres.

¿Qué facemos?

Referentes Galegas

Un proxecto que nace para dar visibilidade ás numerosas mulleres profesionais galegas líderes nos seus respectivos sectores.

Podes propoñerte ou propoñer a algunha candidata para formar parte da base de datos.

Visitas a empresas

Organizamos visitas dás nosas socias a empresas de Galicia de distintos sectores e ámbitos.

Estas visitas facilitan un maior coñecemento do tecido industrial galego e posibilitan un contacto directo cos responsables destas industrias.

Networking

Celebramos periodicamente encontros de networking nas principais cidades galegas.

Estes encontros axúdannos a crear, xestionar e manter a nosa rede de contactos profesionais como fonte de colaboracións baseadas na confianza.

Iniciativas

Coñece os nosos programas e proxectos. En colaboración con diferentes institucións, perseguimos obxectivos relacionados coa igualdade laboral ou a corresponsabilidade, entre outros.

Grupo xurídico

Un excelente recurso para resolver os conflitos, grazas á participación dun mediador ou mediadora, capaz de conducir a comunicación sen xulgar, con obxectividade. 

A súa intervención posibilita o entendemento e un acordo bo para todas as partes

Axudas e subvencións

Nas nosas canles de comunicación interna compartimos información relevante sobre axudas e subvencións das que, potencialmente poidan beneficiarse as nosas socias.

De actualidade

Últimas noticias e eventos do noso blogue

Executivas de Galicia asistiu ao pregón das festas do Apóstol.

A nosa compañeira Berta Caro, membro da Xunta Directiva, asistiu en representación de Executivas de Galicia ao acto de lectura do pregón das festas do Apóstol organizado por Goretti San Martín no Palacio de Raxoi en Santiago de Compostela.

Executivas de Galicia colaborou no programa Training de Empregabilidade da Xunta de Galicia

Unha actividade na que algunhas das nosas socias impartiron formacións encamiñadas a mellorar a empregabilidade dos asistentes a través do desenvolvemento da marca persoal, o uso das redes sociais desde unha perspectiva profesional e a importancia de tecer redes de contacto sólidas.

A Xunta de Galicia concede a Medalla Emilia Pardo Bazán a Executivas de Galicia

A Medalla Emilia Pardo Bazán outorga un recoñecemento público ás accións desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Galicia, que contribúan e destaquen na defensa da igualdade de dereitos entre mulleres e homes

Entrevistas a socias de Executivas en RadioVoz de xullo

Cada mércores, a partir das 11:30 da mañá Eva Millán entrevista a unha socia de Executivas de Galicia no programa Un Café con Evade RadioVoz.

Socias no ¿Quen é Quen? do mes de xullo

Coa iniciativa “Quen é quen?” damos a coñecer, entre as propias asociadas, ás socias que forman parte de Executivas.

Novas-socias

Benvida ás novas socias en xullo de 2023

Como cada mes, queremos presentar e darlles a benvida ás grandes profesionais que se uniron a Executivas de Galicia no mes de xullo de 2023.

Consulta a nosa traxectoria

Coñece a nosa memoria desde 2011, ano de fundación de Executivas ata datas recentes:

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata para formar parte de Referentes Galegas? Queres unirche á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n

15707 | Santiago de Compostela | A Coruña