Accessibility Tools

O empoderamento da muller como motor de futuro

Espazo colectivo de crecemento en feminino

¿Quen son Executivas de Galicia?

Somos unha asociación aberta de mulleres independentes que exercemos en diferentes ámbitos executivos e directivos, tanto públicos como privados.

Unímonos para colaborar e crear unha rede de apoio que visualice e impulse ao empoderamento feminino como motor de futuro e axente crave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Promovemos o liderado da muller en todas as súas áreas. Unímonos coa intención de amplificar nosa voz alí onde aínda non se oe coa intensidade necesaria e para crear un espazo colectivo onde compartir experiencias, emprender accións e tecer alianzas que axuden ao crecemento persoal e profesional das mulleres.

¿Qué facemos?

Referentes Galegas

Un proxecto que nace para dar visibilidade ás numerosas mulleres profesionais galegas líderes nos seus respectivos sectores.

Podes propoñerte ou propoñer a algunha candidata para formar parte da base de datos.

Visitas a empresas

Organizamos visitas dás nosas socias a empresas de Galicia de distintos sectores e ámbitos.

Estas visitas facilitan un maior coñecemento do tecido industrial galego e posibilitan un contacto directo cos responsables destas industrias.

Networking

Celebramos periodicamente encontros de networking nas principais cidades galegas.

Estes encontros axúdannos a crear, xestionar e manter a nosa rede de contactos profesionais como fonte de colaboracións baseadas na confianza.

Iniciativas

Coñece os nosos programas e proxectos. En colaboración con diferentes institucións, perseguimos obxectivos relacionados coa igualdade laboral ou a corresponsabilidade, entre outros.

Grupo xurídico

Un excelente recurso para resolver os conflitos, grazas á participación dun mediador ou mediadora, capaz de conducir a comunicación sen xulgar, con obxectividade. 

A súa intervención posibilita o entendemento e un acordo bo para todas as partes

Axudas e subvencións

Nas nosas canles de comunicación interna compartimos información relevante sobre axudas e subvencións das que, potencialmente poidan beneficiarse as nosas socias.

De actualidade

Últimas noticias e eventos do noso blogue

Poñemos en marcha os primeiros networking do 2026

Executivas de Galicia retoma os seus encontros networking. O primeiro deles terá lugar en Santiago de Compostela o 4 de febreiro.

Executivas celebra a súa comida de Nadal o 17 de decembro

Executivas de Galicia, celebra o 17 de dicembro ás 14.00 horas a súa tradicional comida networking de Nadal no Hotel Bello en O Pino.

Executivas de Galicia fortalece a súa rede de mulleres líderes de Galicia

A asociación celebrou un congreso en Santiago que reuniu a empresarias, emprendedoras e representantes institucionais para reflexionar sobre liderado feminino, innovación e sostibilidade.

Executivas de Galicia celebra o seu primeiro congreso para impulsar o liderado feminino en Galicia

Directivas, emprendedoras e mozas profesionais participarán nun congreso que combinará reflexión, inspiración e oportunidades de conexión.

Novas-socias

Benvida ás novas socias – Xullo e Agosto 2025

Queremos dar la bienvenida a las profesionales que se incorporaron a Executivas de Galicia en julio y agosto de 2025.

Novas-socias

Benvida ás novas socias – Xuño 2025

Queremos dar a benvida ás profesionais que se incorporaron a Executivas de Galicia en xuño de 2025.

Almorzo en Vigo e A Coruña xunto á nova Xunta Directiva

O pasado mércores 18 e xoves 19, Executivas de Galicia celebrou un almorzo networking en Vigo e en A Coruña, respectivamente, para presentar á Xunta Directiva que liderará a Asociación nesta nova etapa.

Desfrutamos dun café xuntas? Networking en Lugo – 27 de xuño

O venres 27 de xuño, Executivas de Galicia organiza un novo almorzo networking en Lugo. O encontro celebrarase no Restaurante Terra Taberna de Miño (Rúa dos Canteiros, 11) ás 9:30 horas.

Novas-socias

Benvida ás novas socias – Maio 2025

Queremos dar a benvida ás profesionais que se incorporaron a Executivas de Galicia en maio de 2025.

Desfrutamos dun café xuntas? Networking en Ourense – 25 de xuño

O mércores 25 de xuño, Executivas de Galicia organiza un novo almorzo networking en Ourense. O encontro celebrarase no BrioenFlor (Avda. de Habana, 42) ás 9:30 horas.

Os nosos partners

Consulta a nosa traxectoria

Coñece a nosa memoria desde 2011, ano de fundación de Executivas ata datas recentes:

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata para formar parte de Referentes Galegas? Queres unirche á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n

15707 | Santiago de Compostela | A Coruña 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.