Accessibility Tools

Iniciativas

Coñece os proxectos que temos en marcha

Desenvolvemos diferentes programas en colaboración con varias institucións galegas e organizamos eventos como o “Premio Executivas“.

traballamos en…

Os nosos proxectos

Entre os obxectivos que perseguimos coas nosas actuacións está o emprego en igualdade, a corresponsabilidade ou achegarnos ás aulas para mostrar novos ámbitos profesionais e servir de exemplo.

12 razóns para o emprego en igualdad

Perseguimos a igualdade laboral cunha iniciativa para cada un dos meses do ano.

Referentes Galegas

Unha iniciativa pioneira en Galicia para mostrar o talento profesional feminino en todos os sectores.

Encontro pola corresponsabilidade

Un evento anual organizado polo noso grupo xurídico, no que participan expertos de diferentes ámbitos.

EduReferentes

En colaboración coa Consellería de Educación, damos a coñecer nas aulas o traballo das nosas Referentes.

Fomento do emprego xuvenil femenino

Colaborando coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Xunta de Galicia.

Referentes nas aulas

Organizada por Executivas de Galicia e Deputación de Lugo, presenta ás nosas Referentes en escolas como un modelo para seguir para as mozas galegas.

Noticias sobre iniciativas e proxectos

Face to Face, a nova iniciativa de Executivas de Galicia para reflexionar sobre innovación e sostebilidade

O primeiro encontro contou con Fátima Carmena, directora da axencia de publicidade Nasas e María García, CEO de Galaica Consultoría Integral.

Executivas de Galicia pon en marcha Face to Face

Desde o grupo de Innovación e Desenvolvemento Sostible de Executivas de Galicia póñense en marcha os encontros Face to Face de temática específica en materias de innovación e desenvolvemento sostible.

Presentación de Referentes Galegas en Madrid

A presentación do proxecto Referentes Galegas na Casa de Galicia en Madrid reuniu a máis de 100 asistentes.

Executivas de Galicia colaborou no programa Training de Empregabilidade da Xunta de Galicia

Unha actividade na que algunhas das nosas socias impartiron formacións encamiñadas a mellorar a empregabilidade dos asistentes a través do desenvolvemento da marca persoal, o uso das redes sociais desde unha perspectiva profesional e a importancia de tecer redes de contacto sólidas.

Formación e afterwork de productividade personal

O día 5 de xullo Executivas de Galicia organiza unha formación e un afterwork en Santiago de Compostela.

Executivas de Galicia dá un paso máis no seu compromiso coa sustentabilidade adheríndose ao Pacto Mundial da ONU

A través desta afiliación, Executivas de Galicia reafirma o seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU e a súa determinación para promover prácticas empresariais responsables e sostibles

Premio Executivas

 

Unha vez ao ano Executivas de Galicia concede o seu Premio Executivas a personalidades, empresas, públicas ou privadas, ou proxectos e iniciativas que poñan de relevo o liderado feminino, favorezan a conciliación e comprométanse coa igualdade de oportunidades e a paridade entre homes e mulleres.

A Xunta Directiva de Executivas, formada por 14 profesionais, elixe por consenso a tres persoas ou entidades como candidatas ao Premio. Posteriormente sométese a votación entre as socias, e a candidatura mellor valorada é a galardoada.

 

Nas primeiras edicións, o acto de entrega do Premio tivo lugar no marco do Foro da Comunicación de Galicia.

O galardón é unha escultura do artista galego, Miguel Couto, denominada Fémina, onde reflexiona sobre o triunfo persoal da muller.

Na primeira edición dos premios organizados pola directiva encabezada pola anterior presidenta, Montserrat Sánchez-Agustino, o galardón recaeu na empresa Lonza Biologics.

Nas seguintes edicións, as galardoadas foron Marisol Soengas (2017), Adriana Domínguez (2018), Silvia Jato (2019), África González (2020), Isabel Dobarro (2021), María del Carmen Canal (2022) e Teresa Portela (2023).

Adriana Domínguez, Consejera delegada de Adolfo Domínguez, fue elegida por unanimidad reconociendo el liderazgo demostrado en la compañía al dirigirla con acierto hacia los desafíos del presente y fututo. Por su profesionalidad, su calidez humana y el cariño a su tierra hacen que sea una referente.

Marisol Soengas é investigadora, directora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO). Outorgóuselle o galardón como recoñecemento á súa traxectoria investigadora e por contribuír co seu traballo para dar visibilidade ao importante papel da muller na Ciencia.

Silvia Jato foi elixida na última edición por ser unha referente no sector da comunicación, polo seu compromiso con diferentes causas humanitarias, e, por suposto, coa igualdade de oportunidades para homes e mulleres.

África González é catedrática en Inmunoloxía e profesora da Universidade de Vigo. A súa larga carreira científica, os diversos premios e recoñecementos, como o último: a súa incorporación á Real Academia de Farmacia, son algunhas das razóns para outorgarlle este galardón, así como o seu espíritu colaborador, a súa calidez humana e o seu compromiso co liderado feminino de maneira xeral e, en particular no ámbito da ciencia.

Isabel Dobarro, pianista e referente internacional. Con este galardón recoñécese a prestixiosa traxectoria profesional dunha muller que se caracteriza polo seu esforzo, profesionalidade e talento. Destaca o seu traballo na recuperación de obras de compositoras que quedaron no esquecemento.

María del Carmen Canal, cofundadora de Aceites Abril. Con este galardón Executivas de Galicia recoñece a súa traxectoria e papel destacado na creación e desenvolvemento de Aceites Abril, no seu labor apoiando a asociacións de mulleres, sendo impulsora do turismo en Ourense e sendo pioneira nunha época con pouca visibilidade da muller profesional.

Teresa Portela, campioa de piragüismo. Executivas de Galicia concédelle o Premio pola súa dedicación e éxito no piragüismo, unha disciplina predominantemente masculina, enfrontando desafíos e alcanzando logros notables ao longo das súas tres décadas de carreira deportiva.

Executivas de Galicia concede o Premio Executivas a Teresa Portela pola súa destacada traxectoria no piragüismo

Máis dun centenar de persoas acudiron á entrega do galardón no Museo Provincial de Pontevedra. A asociación destacou a dedicación e éxito de Portela, subliñando a importancia de recoñecer ás mulleres no deporte

ACTUALIZADO – Maria del Carmen Canal recolle o VII Premio Executivas 2022

Executivas recoñece a traxectoria e o papel tan destacado de María del Carmen Canal na creación e desenvolvemento de Aceites Abril.
A entrega do premio tivo lugar no Hotel Oca Puerta del Camino e asistiron máis de 200 persoas entre socias, convidados e autoridades.

Carmen Canal López recibirá o Premio Executivas de Galicia 2022

Executivas de Galicia entregará o 30 de novembro en Santiago de Compostela o seu VII Premio Executivas de Galicia a María del Carmen Canal López.

Isabel Dobarro recolle o VI Premio Executivas 2021 polo seu compromiso coa muller no ámbito da música

Executivas destaca a necesidade de dar visibilidade ás mulleres que desenvolven a súa carreira profesional no ámbito da cultura.
A entrega do premio tivo lugar na Cidade da Cultura e asistiron preto de 150 persoas entre socias, convidados e autoridades

Entrega do VI Premio Executivas de Galicia a Isabel Dobarro

Executivas de Galicia entregará o 25 de marzo en Santiago de Compostela o seu VI Premio Executivas de Galicia á pianista internacional Isabel Dobarro.

Executivas de Galicia concede o VI Premio Executivas á pianista internacional Isabel Dobarro

Executivas destaca a necesidade de dar visibilidade ás mulleres que desenvolven a súa carreira profesional no ámbito da cultura.

África González, referente no campo da inmunoloxía, recolle o Premio Executivas 2020

A presidenta de Executivas Carla Reyes Uschinsky, a conselleira de Emprego e Igualdade María Jesús Lorenzana e o vicepresidente Francisco Conde fixeron entrega do Premio Executivas 2020 a África González, catedrática e investigadora en inmunología nun acto que tivo lugar o pasado 11 de decembro no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela.

Entrega do V Premio Executivas de Galicia a África González

Executivas de Galicia entregará o 11 de decembro en Santiago de Compostela o seu V Premio Executivas de Galicia á investigadora en inmunoloxía África González.

Executivas de Galicia concede o Premio Executivas 2020 a África González, catedrática de Inmunoloxía

A Asociación Executivas de Galicia elixiu á investigadora en inmunoloxía África González para recibir o Premio Executivas 2020

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata para formar parte de Referentes Galegas? Queres unirche á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña