Accessibility Tools

En setembro volven os Face to Face de Executivas de Galicia!

 

O día 13 de setembro Executivas de Galicia organiza o III Face to Face “CiberTips: todo o que debes saber sobre Ciberseguridade… e non che contaron.”

O III Face to Face contará coa participación de Ana Salazar, Cybersecurity Manager (CISO) en Hijos de Rivera e Referente Galega. Durante o mesmo falaranos da importancia da ciberseguridade para as persoas e as empresas, e explicaranos diferentes conceptos con exemplos, ferramentas e tips de gran utilidade..

Como novidade en relación aos anteriores encontros, este terá lugar ás 11:00 nunha sala privada de Museo MEGA de Estrela Galicia, e inclúe unha visita ao mesmo.

Hai prazas limitadas e para poder asistir é necesario facer previamente a inscrición e pago no formulario que aparece máis abaixo.

No mes de marzo o grupo de Innovación e Desenvolvemento Sostible de Executivas de Galicia puxo en marcha os encontros Face to Face, encontros para as socias en formato pequeno e informal para abordar a innovación, transformación dixital e o desenvolvemento sostible e sostido.

Estes encontros poden darse en distintos formatos: charlas inspiradoras, presentación de casos de éxito e de usos reais, experiencias compartidas por asociadas e non asociadas, presentación de modelos exemplares de xestión innovadora etc. Sempre cunha temática específica en materias de innovación e desenvolvemento sostible.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.