O día 5 de xuño Executivas de Galicia organiza o II Face to Face “Quen ten un (bo) portavoz ten un tesouro. A comunicación como ferramenta estratéxica e reputacional na empresa.”
O II Face to Face contará coa participación de Luz García Cajete, directora de Comunicación Externa en Mapfre España, Referente Galega e socia de Executivas. Durante o mesmo daranse as claves de como lograr unha empresa cunha excelente reputación e a importancia de quen son os seus portavoces.
O encontro terá lugar ás 18:30 no Club Empresarial Nordés, e para poder asistir é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo.
No mes de marzo o grupo de Innovación e Desenvolvemento Sostible de Executivas de Galicia puxo en marcha os encontros Face to Face, encontros gratuítos para as socias en formato pequeno e informal para abordar a innovación, transformación dixital e o desenvolvemento sostible e sostido.
Estes encontros poden darse en distintos formatos: charlas inspiradoras, presentación de casos de éxito e de usos reais, experiencias compartidas por asociadas e non asociadas, presentación de modelos exemplares de xestión innovadora etc. Sempre cunha temática específica en materias de innovación e desenvolvemento sostible.