Accessibility Tools

O próximo 11 de febreiro Executivas de Galicia organiza o II Encontro de Mulleres Profesionais de A Mariña, no que presentaremos en Burela a asociación e os nosos programas “Referentes Galegas” e “EduReferentes”.

O acto, que se celebrará no Hotel Nordés, comezará ás 18:30 horas, e posteriormente terá lugar un networking con tapeo.

Neste encontro poñerase en valor o labor de Executivas de Galicia para a visualización e recoñecemento das numerosas profesionais galegas de recoñecida traxectoria e valía, sobre todo a través dos seus programas Referentes Galegas, un directorio do que forman parte máis de 350 profesionais, e EduReferentes, que achega a estas mulleres a alumnos e alumnas de institutos de educación secundaria de Galicia.

Neste encontro contaremos tamén co testemuño de destacadas profesionais da Mariña sobre o liderado e visibilidade do talento feminino.

O acto está aberto ao público con aforo limitado, e para poder asistir é necesario facer a inscrición antes do 08/02/22 no formulario que aparece máis abaixo.