I Foro de Emprego Virtual de Executivas de Galicia

Un ano máis Executivas de Galicia colabora coa Deputación de Pontevedra para impulsar a mellora da empregabilidade das mulleres, e este ano facémolo a través dun formato virtual onde trataremos os retos e desafíos existentes para a igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero.

O primeiro foro virtual de Executivas de Galicia, que se celebrará o próximo 19 de decembro, diríxese a todas as mulleres, a aquelas que se atopan en situación de desemprego e tamén ás que queren mellorar o seu emprego, por iso queremos facervos parte activa deste foro e convidámosvos a participar de tres formas diferentes:

  • Como empresa que da coñecer a situación do emprego no seu sector e os perfís que se buscan aos asistentes ao foro (Speaker´ s corner) ou publicando as vosas ofertas de emprego no foro.
  • Como participantes se estades en procura de emprego ou en mellora de emprego (Talleres).
  • Como docente nun dos talleres que impartiremos: Autocoñecemento, Elabora un Cv atractivo, Simulación de Entrevistas, Procura de emprego, Marca Persoal, Elevator Pitch e Perfil en Redes Sociais. Neste caso necesitamos que nolo comuniquedes o máis axiña posible a través do correo webinar@executivasdegalicia.org.

Se estades interesadas en participar de calquera das outras dúas formas (como empresa ou asistente ao foro) podedes inscribirvos a través do formulario que aparece máis abaixo, así como descargar o programa.

O aforo dos talleres será limitado, así que non dubidedes en inscribirvos canto antes.