Accessibility Tools

Executivas de Galicia e AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, celebrarán tres encontros empresariais e posterior comida networking nas cidades de A Coruña, Vigo e Ourense nos meses de outubro e novembro.

Dentro dos obxectivos marcados para os anos 2020-2021 atópase o de dar visibilidade a todas as EIL galegas, e a través destas accións preténdese dar visibilidade ás Empresas de Inserción Laboral dentro das empresas privadas, das empresas finalistas, é dicir, daquelas que poden dar un posto de traballo aos seus traballadores que rematan itinerarios de inserción.

Se ben é certo que nos últimos anos, xa sexa por obriga legal ou por vontade das compañías, estanse a desenvolver programas dirixidos á inserción das persoas vulnerables en empresas ordinarias, nembargante, o camiño cara a inserción laboral é longo, e pasa por ofrecer formación específica, acompañar á persoa ao largo da súa traxectoria, sensibilizar aos distintos segmentos das empresas e as familias e, en termos xerais, dispor de itinerarios personalizados para unha integración laboral sostible.

Os obxectivos destes encontros son:

  • Promocionar e difundir a figura das Empresas de Inserción Laboral existentes na comunidade galega dentro da sociedade a través das empresas privadas.
  • Establecer convenios de colaboración e/ou sinerxias coas empresas privadas de cara a contratación dos servizos e produtos ofrecidos polas Empresas de Inserción Laboral.
  • Eliminar as ideas preconcibidas e prexuizosas sobre as Empresas de Inserción Laboral e os seus traballadores en inserción mostrando ditas empresas como empresas plenamente operativas, eficaces e capaces no seu ámbito de actuación.
  • Pór en contacto as Empresas de Inserción Laboral e as empresas privadas, previo coñecemento das súas necesidades, estando a disposición do axente que o precise para traballar e colaborar naquilo que se mostre necesario.

O primeiro dos encontros terá lugar en A Coruña o próximo xoves, 8 de outubro, no Hotel Meliá María Pita ás 13:30 horas, con posterior comida networking.

Participarán: Secretaría técnica de AEIGA e Xunta Directiva.