Executivas de Galicia apoia a Visionarias na segunda edición de Sin Liderazgo y visión, no hay Business. Historias Reales de Mujeres Empoderadas, que se celebrará o 2 de marzo, no marco do Día Internacional da Muller.
O obxectivo deste evento é mostrar a experiencia inspiradora de mulleres exitosas e líderes, que contribúen a cambiar o mundo, a abrir camiños a outras e teñen a habilidade de influenciar ás demais. Pero sobre todo mostrar a outras mulleres como foi o camiño percorrido destas referentes e como o empoderamento cumpre un papel vital para lograr o liderado que desexamos e desenvolvernos da maneira en que o queremos a pesar das situacións, dos rumbos, das síndromes de impostoras e dunha serie de estereotipos.
O tema principal deste evento é a inclusión financeira da muller, do necesario empoderamento económico e financeiro e como facer para pechar esa brecha en España e América Latina.
Participarán nesta edición:
- Anna Raptis, inversora mexicana. Fundadora e xeral partner de Amplifica Capital, a primeira firma de capital de risco enfocada en mulleres en México.
- Ana Fragua, presidenta e fundadora de For Women en España, organización que promove o autocoñecemento, o desenvolvemento de talentos e o emprendmento na nosa sociedade, desde un enfoque de igualdade, inclusión e autorrealización.
- Helena Estrada, autora arxentina dos libros Saltar por Nosotras e Dueña de tu dinero, e do Podcast Mujer es Poder. Creou e dirixiu o CEDEM (Centro de Desenvolvemento Económico da Muller) dentro do Ministerio de Producción da Nación argentina durante 4 anos.
- Rosa Estañ Homs, experta en neuroeconomía e intelixencia financeira. Fundadora e CEO de Finanzas claras e fáciles e autora de “Entrenando al Inversor Inteligente”.
- Delfina Daglio, Corporate Citizenship Manager en Incluyeme.com, organización que ten como misión fomentar a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade en América Latina.
O evento é gratuíto e poderase seguir en modalidade en liña. Podes reservar a túa praza na ligazón que aparece máis abaixo.