Accessibility Tools

NeuroEMOCIONA celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela o Sábado 23 de Novembro. É o novo Congreso de Educación Emocional e Neurociencia que non vos podedes perder!

Conta cun aforo de 1.500 persoas que coñecerán os últimos descubrimentos en educación emocional e neurociencia a través de diferentes roteiros entre as que se poderá elixir o tema que máis guste! Así haberá relatorios nas que se poderán descubrir como funciona o noso cerebro, e outras nas que se poderán profundar no coñecemento das nosas competencias socio-emocionais.

Unha xornada chea de pistas para coñecernos mellor, entender como aprendemos, como xestionar as nosas emocións, e onde atoparemos as claves para un mellor desenvolvemento das nosas habilidades, o noso benestar e a nosa saúde.

Como asociación colaboradora, Executivas de Galicia ten un código de desconto do 8% exclusivo para socias. Para poder beneficiarse do mesmo, debedes introducir o seguinte código durante o proceso de compra: 4 igYw6

É unha oportunidade única xa que se trata do maior evento destas características en España, e contan con perfís como Mario Alonso Puig, que posiblemente coñeceredes polo seu traballo sobre Motivación, Liderazgo e comportamento humano, ou Albert Espinosa, María Jesús Áraba, David Bo, Álvaro Bilbao, Samanta Villar, entre outros… Podedes consultar máis información en www.foroemociona.com