Accessibility Tools

Máis de 200 persoas acompañaron a Executivas de Galicia o venres 28 de febreiro na presentació do programa Referentes Galegas na Coruña, e que contou coa colaboración coa Universidade da Coruña, a Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. O evento, que tivo lugar no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña, reuniu a diferentes autoridades, socias e público xeral que poderán escoitar a experiencia de diferentes mulleres referentes de distintos sectores.

Actualmente, son xa máis de 280 mulleres as que forman parte desta gran base de datos que ten como a visibilidade de todas aquelas mulleres profesionais galegas líderes nos seus respectivos sectores.

Na mesa de Referentes participaron Carolina Bouvard Nuño, directora de Business Intelligence e Big Data de Telefónica; Charo Barca Fernández, presidenta de Fundación Andrea e Directora Xerente de Pazo de San Lorenzo; María Mayan Santos, xefa do Grupo de Investigación CellCOM do INIBIC; Marta Bobo Arce, profesora Titular UDC e ex ximnasta rítmica; e Mónica Alba Castro, notaria, que nos contaron como foi a súa experiencia para chegar a ser mulleres referentes. Ademais, pechou o acto a deputada Ana Pastor.