Accessibility Tools

Executivas de Galicia retoma os seus networking presenciais. O primeiro será o 6 de outubro na Coruña.
 
A comida networking terá lugar no Hotel Praza (Av. Santiago Rey Fernández Latorre) de 14:30 a 16: 30 horas. A hora de chegada será ás 14:00 horas.
 
Debido ás restricións sanitarias o aforo máximo será de 20 persoas, e para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 4 de outubro ou ata esgotar prazas.
 
Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:
    • cada socia pode levar unha convidada
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome e empresa
    • é interesante levar tarxetas de visita suficientes para repartir entre as asistentes e facilitar así un contacto posterior.
Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.