Unha representación de Executivas de Galicia, liderada pola súa presidenta Carla Reyes Uschinsky, participa no I Congreso de Empresarias e Directivas do Atántico 2020 Retos da nova década , que se organizan os días 20, 21 e 22 de febreiro en Oviedo. O evento, organizado por FEDA (Federación de Empresarias e Directivas de Asturas) e EDA (Empresarias e Directivas do Atlántico) do que Executivas forma parte desde a súa fundación.

O Congreso conta con grandes profesionais que debaterán os retos de diferentes sectores para esta nova década, como poden ser Lucía García-Linares, Head of operations development Toyota Motor Europe, Isabel Pardo de Beira, presidenta de Adif, Miriam Rodríguez, CEO Aspen Pharma España e Portugal ou Patricia Argerey, directora de Axencia Galega de Innovación, entre outros moitos relatores.