Accessibility Tools

Executivas participou no Pleno do Consello Galego dás Mulleres, órgano consultivo que aborda temas fundamentais en materia de igualdade e onde están representadas entidades públicas e asociacións, entre elas o noso colectivo que conta cunha vogalía representada pola presidenta Carla Reyes.

Na última reunión aprobouse a creación dunha comisión de traballo de Coeducación e o grupo de avaliación do VII Plan de Igualdade e do Plan de Conciliación e Corresponsabilidade. En ambas as comisións, Executivas estará representada.

Segundo explicou a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, entre as finalidades do Consello está ofrecer unha canle de participación efectiva ás mulleres para recoller as súas reivindicacións e propostas, así como actuar como interlocutor #ante a Administración autonómica e #ante calquera institución ou entidade de carácter público ou privado para o desenvolvemento de políticas públicas e medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes, e á erradicación da violencia de xénero.