Desde Executivas de Galicia seguimos impulsando espazos de encontro, cultura e conexión entre as nosas socias. O vindeiro venres 18 de setembro de 2026, trasladámonos á Mariña lucense para desfrutar dunha xornada moi especial nas instalacións de Sargadelos en Cervo.
A actividade combinará a posta en valor do noso patrimonio industrial e artesanal cunha sesión de networking deseñada para reforzar alianzas, compartir proxectos e xerar novas sinerxías nun ambiente distendido.
Un percorrido pola tradición e a innovación
A xornada comezará ao 12.00 h cunha visita guiada á fábrica e ao museo de Sargadelos. Durante dúas horas, as asistentes poderán coñecer de cerca o proceso de fabricación, a historia e a singularidade técnica e artística dunha das firmas máis icónicas do deseño e industria de Galicia.
A continuación, ao 14.00 h, a actividade trasladarase á tradicional taberna de Sargadelos, onde celebraremos unha comida networking orientada a fomentar o intercambio de experiencias e ideas entre as profesionais participantes.
Detalles da visita
-
- Data: Venres, 18 de setembro de 2026.
- Lugar: Sargadelos, #s/n — 27890 Cervo (Lugo).
- Horario: De 12.00 a 16.00 h.
- Formato flexible: As actividades son independentes. É posible inscribirse á xornada completa ou participar unicamente na visita ou na comida.
As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de rexistro. O prazo para confirmar asistencia finaliza o martes 15 de setembro de 2026.