Accessibility Tools

Ex

Executivas de Galicia organiza unha charla-coloquio sobre ” O virus que reseteou ao Capitalismo” con Juan Carlos Cubeiro, socio director e responsable de Desenvolvemento Directivo en Ideo Advisor, que analizará como o coronavirus conseguiu poñer en cuestión en pouco tempo o noso modelo económico e social e, a continuación, desenvolverase un debate sobre o tema que estará moderado por Carla Reyes, presidenta de Executivas.

A presentación é gratuíta e terá lugar o martes 28 de abril ás 18:00 horas a través da aplicación Zoom. Para iso é necesario inscribirse previamente no seguinte formulario https:// forms. gle/ j7 DLs48 GsNLbX8 MV8

A ligazón e o contrasinal á sesión de Zoom enviarase ao correo electrónico da inscrición o mesmo día da presentación.

Juan Carlos Cubeiro, experto en liderado e xestión de talento, é autor de máis de 40 obras. Entre os seus recoñecementos atópanse os premios “Líder Humanista” e “Líder de Excelencia” do Instituto Internacional de Liderazgo e Coaching e o Premio Brain & Heart.