Accessibility Tools

O día 9 de marzo, Executivas de Galicia organiza unha comida networking en Ourense, na que contaremos tamén coa asistencia de Emma González, xerente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE).

A comida networking terá lugar no gastrobar AURIGA situado en C/ Amado Carballo, nº 2 (Torre Nova – El Polvorín) a partir das 13:30 horas.

Contará con aforo limitado, e para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 8 de marzo.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.

Próximos networking:

Está previsto facer un networking en Vigo o día 11 de marzo. Avisarémosvos canto teñamos todos os detalles.