Accessibility Tools

O próximo 17 de febreiro Executivas de Galicia organiza unha comida networking en Lugo na que contaremos coa asistencia como convidada especial de María Couto Alonso, directora corporativa en Xallas Electricidad  y Aleaciones.

A comida networking celebrarase no Hotel Torre de Núñez, situado na estrada Nacional VI, Km. 497 (27160- Lugo).

A comida, que terá lugar a partir das 14:00 horas, contará con aforo limitado e para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do mércores 15 de febreiro ás 12:00 horas.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas.

A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.