Accessibility Tools

O vindeiro venres 5 de xuño, Executivas de Galicia retoma a súa axenda de encontros presenciais cunha proposta que axunta o coñecemento empresarial e o networking. Nesta ocasión, as socias terán a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento de Grupo Breogán, referente no sector da automoción e a mobilidade en Galicia, visitando as súas instalacións situadas en Perillo (Oleiros).

A xornada comezará ás 17.00 horas cunha visita guiada dunha hora de duración polo espazo de Grupo Breogán. Tras o percorrido, a actividade continuará nun formato máis distendido coa celebración dun afterwork. Este espazo de posta en común e sinerxías estará acompañado por un tapeo por cortesía da empresa anfitrioa.

Con esta iniciativa, Executivas de Galicia segue apostando por visibilizar o tecido empresarial local e ofrecer ás súas asociadas contornas dinámicas onde compartir experiencias, estreitar lazos profesionais e debater sobre os retos do sector.

Detalles da xornada e como participar

Ao tratarse dunha visita técnica e dun espazo de interacción próximo, o evento conta cunha capacidade limitada a 30 prazas, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición.

    • Data: venres, 5 de xuño de 2026.
    • Horario: De 17.00 h a 19.30 h.
    • Localización: Grupo Breogán (Avda. dás Mariñas, 286 – Perillo, Oleiros).
    • Custo: Actividade gratuíta (require inscrición previa).
    • Prazo límite de inscrición: martes, 2 de xuño de 2026 (ou ata completar a capacidade).

A actividade está dirixida unicamente ás socias de Executivas de Galicia.

As interesadas en asistir xa poden reservar a súa praza cumprimentando o formulario que se indica máis abaixo.