Accessibility Tools

Este xoves 23 de abril celébrase o Día do Libro e, para celebrar, unha ocasión tan especial, Executivas de Galicia organiza unha versión especial de “Un café contigo”. Nesta ocasión as protagonistas serán as socias que publicaron algún libro e que terán a oportunidade de presentalo e falar sobre el.

A actividade será este xoves 23 ás 16.00 horas. no mesmo formato que o encontro que se celebra todos os luns. As persoas interesadas en participar ou asistir poden enviar un correo a webinar@executivasdegalicia.org.

.