O próximo 13 de outubro Executivas de Galicia organiza un afterwork en Santiago.

O encontro terá lugar no emblemático Hotel A Quinta dá Auga Relais & Châteaux (Paseo da Amaia, 23B, Urbanización Brandia, Vidán – 15706 Santiago de Compostela), a partir das 19:00 horas.

Contará con aforo limitado e para poder participar é obrigatorio facer a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do 10/10/22 ás 12:00 horas.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas.

A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.