Continuamos cos nosos networking!

O día 11 de marzo, Executivas de Galicia organiza unha comida networking en Vigo, na que nos acompañará como convidada Marian Mouriño, socia e CEO do Grupo corporativo GES España (RC Celta, Utingal, Molduras do Noroeste, Grandes Pagos Galegos, Norfood).

A comida networking terá lugar no Hotel Ciudad de Vigo situado en C/ Concepción Arenal, 5 a partir das 14:00 horas.

Contará con aforo limitado, e para poder participar é necesario facer previamente a inscrición no formulario que aparece máis abaixo antes do día 8 de marzo.

Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas. A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada (deberá facer a inscrición previamente)
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome, cargo e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de almorzo networking pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.