Baixo o título: “Intelixencia Artificial e o futuro do Talento”, o 15 de novembro o auditorio da Universidade de Deusto acolleu o III Congreso de EDA. Ao día seguinte, 16 de novembro, como broche final houbo un recibimento nas Juntas Generales de Gernika da súa presidenta, Dona Ana Otadui.
Executivas de Galicia, que forma parte de EDA desde o 2019 participou de forma activa neste Congreso representada pola súa presidenta, Carla Reyes Uschinsky e no que tamén participou como relatora a Referente Galega Antía Fernández, directora de Innovación para mercados estratéxicos de Gradiant.
O acto, que contou coa actriz e presentadora Amaia Arkotxa como a mestra de cerimonias, comezou coa benvida do Reitor da Universidade de Deusto, Don Juan José Etxebarria, xunto coa Vicelehendakari Primeira e Conselleira de Cultura e Política Lingüística, Dona Ibone Bengoetxea; a Presidenta das Juntas Generales, Dona Ana Otadui; a Deputada de Promoción Económica, Dona Ainara Basurko; a Concelleira de Desenvolvemento Económico, Comercio, Emprego e Turismo do Concello de Bilbao e Presidenta de Bilbao Ekintza, Dona Kontxi Claver; a Presidenta de EDA, Dona Begoña Fernández-Costales e a Presidenta da Asociación Mujer Siglo XXI e Vicepresidenta de EDA, Dona Carmen Miral.
A mesa inaugural estivo formada por: a Presidenta de FEDA, Begoña Fernández-Costales; a Presidenta da Asociación Mujer Siglo XXI, Carmen Miral; a Presidenta da Asociación AMEDNA, Cristina Sotro; a Presidenta da Asociación ASELE, Noelia Rodríguez, e a Presidenta da Asociación Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky.
A continuación, tivo lugar a mesa de Intelixencia artificial e ética, que versou sobre os beneficios e os riscos que a Intelixencia Artificial entraña en ámbitos como a arte e a moda, a educación, a enogastronomía ou o deporte desde o punto de vista da ética.
A sustentabilidade foi o eixo central sobre o que pivotó a segunda mesa, na que Carla Reyes Uschinsky, Presidenta Executivas de Galicia, moderou xunto coa Vicepresidenta de AED, Marta Areizaga; a Directora de Proxectos Internacionais E&C na empresa Hach/Grupo Veralto e vogal da Asociación Mujer Siglo XXI, Irati Aguirrezabala; a Executiva de Endesa, Magdalena Schmitt Mujica, e a Directora de Comunicacións, Relacións Institucionais e Sostibilidade da CEOE, Carmen Alsina.
Posteriormente, o Socio director de Bilbao IA Ricardo Devis presentou un relatorio sobre o futuro da Intelixencia Artificial e o seu impacto social, que precedeu á mesa sobre Ciencia e Saúde.
O talento e a innovación foron os temas da cuarta mesa, na que a directora de Persoas no Grupo Xestiona-Proxecta, Noelia Rodríguez de Celis, reflexionou cos panelistas. Nesta mesa participou a referente Antía Fernández, directora de Innovación para mercados estratéxicos en Gradiant, xunto coa concelleira de transformación dixital do Concello de Getxo, Zaloa Campillo; o Portavoz de Intelixencia Artificial no Congreso dos Deputados, Juan Luis Pedreño e a directora de RRHH Proconsi, Rosa González Fernández.
A continuación, Lidia Monzón, Conferenciante, Mentora global, e Especialista en Liderazgo Feminino deu unha charla sobre o empoderamento da muller na era da Intelixencia Artificial, previa á quinta mesa sobre liderado na era dixital, que moderou a vicepresidenta da Asociación Mujer Siglo XXI e emprendedora en Xestión.
A última mesa foi sobre IA e dereito, moderada pola presidenta da Asociación Mujer Siglo XXI, Carmen Miral.
O III Congreso de EDA tivo lugar en Bilbao, tras celebrarse a primeira edición en Asturias (Oviedo), en 2020, pouco antes da Pandemia, e a segunda en Galicia (Santiago de Compostela), en 2023 e cuxa entidade organizadora foi Executivas de Galicia.
EDA (Empresarias e Directivas do Atlántico)
EDA xorde en 2019 como froito da necesidade de tecer redes entre as distintas asociacións do eixo Atlántico, sendo impulsado por Asturias e País Vasco en primeiro lugar e habéndose unido ao proxecto o resto das comunidades despois. Actualmente está formada pola asociación Mujer Siglo XXI de Mujeres Empresarias y Profesionais, con sede en Bilbao; a Asociación de Empresarias de Navarra; a Asociación de Mujeres y Empresarias de Cantabria; a Asociación de Mujeres Empresarias y Directivas de León; a Federación de Empresarias y Directivas de Asturias e Executivas de Galicia.
Este encontro forma parte da construción dun tecido en rede que se establece na Federación de Mujeres Directivas y Empresarias de España, FEDEPE (que agrupa 25 asociacións, das cales hai moitas de EDA, así como a Asociación Mujer Siglo XXI). Mostra desta conexión en rede foi a II. Cume na Universidade de Deusto en 2021, tras unha primeira cita en Madrid, e con intención de seguir ampliando en diante redes por todo o territorio nacional e internacional.