Chega o verán e, con el, o momento de facer unha pausa para recargar enerxías. Pero antes de iniciar o descanso estival, Executivas de Galicia quere celebrar todo compartir ao longo destes meses. Para iso, a asociación organizou un encontro moi especial que servirá como broche de ouro a unha tempada chea de sinerxías, aprendizaxe e crecemento conxunta.
A cita terá lugar o vindeiro xoves 9 de xullo ás 20.00 horas nun escenario incomparable: o Faro Silleiro (Baiona). Unha contorna máxica onde a luz, o mar e a historia únense para ofrecer o marco perfecto para este último evento da tempada.
Visita exclusiva e ‘networking’ á tardiña
O encontro comezará cunha visita guiada exclusiva de 40 minutos polas instalacións do faro, unha oportunidade única para coñecer a fondo os segredos deste emblemático gardián da costa galega.
Tras a visita, as asistentes poderán desfrutar dun cóctel no hotel do Faro, deseñado para fomentar o networking nun ambiente distendido e relaxado. Será o momento perfecto para charlar, compartir impresións sobre o curso que termina e brindar xuntas polos proxectos futuros e as merecidas vacacións.
Detalles e inscricións
Para garantir a calidade da visita e a comodidade dos asistentes, as prazas para este evento son estritamente limitadas, polo que se recomenda realizar a reserva canto antes.
-
- Data: Xoves, 9 de xullo de 2026.
- Hora: 20.00 h.
- Lugar: Faro Silleiro (Estr. Faro Silleiro – 36309 Baiona).
- Data límite de inscrición: Luns, 6 de xullo (inclusive).
Todas as socias e amigas da rede que desexen asistir poden asegurar a súa praza cumprimentando o formulario oficial na ligazón que aparece máis abaixo.
Non te quedes sen a túa praza e acompáñanos a despedir a tempada ao grande!