Accessibility Tools

O 28 de marzo, Executivas de Galicia terá a oportunidade de visitar Hi Coruña, un HUB deseñado para impulsar e vertebrar o ecosistema do negocio dixital e o ecommerce, consolidado como un referente en innovación e colaboración empresarial.

Este encontro celebrarase no Centro de Negocios Cantones (Av. Porto da Coruña, 3) de 12:00 a 13:30 horas.

O número de prazas é limitado, polo que é imprescindible inscribirse antes do 26 de marzo a través do formulario dispoñible a continuación.

Durante a visita, as socias de Executivas de Galicia poderán:

    • Percorrer as instalacións: disfrutar dunha visita guiada polos distintos espacios que conforman a comunidade Hi.
    • Coñecer ás empresas inquilinas: un encontro directo cos profesionais e emprendedores que forman parte deste ecosistema.
    • Participar nun networking de calidade: unha oportunidade para establecer unha conexión xenuína con outros profesionais que comparten a mesma visión de crecemento e aprendizaxe.
    • O broche de ouro perfecto: un café que facilite conexións auténticas e conversacións que impulsan ideas.

Executivas de Galicia participa nesta experiencia exclusiva dentro da iniciativa Link Hi, un evento mensual que busca conectar a colectivos e agrupacións empresarias coa comunidad do HUB.

Non irás perder esta oportunidade?

 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.